10/05/2014

As ferramentas de autor

As ferramentas de autor son un recurso máis do que dispoñemos para crear actividades. Imos facer referencia a tres ferramentas en concreto pola súa finalidade educativa:
JClic
LIM
Ardora

Supoñamos que imos traballar algúns contos clásicos, aquí temos algunhas actividades que son un bo recurso para traballalos no aula. Vai premendo nos distintos apartados

Os tres osos
     Conto e actividades 
     Puzzle oso
     Os osos
     Asociación imaxes e textos
Os tres porquiños
     Conto e actividades 
     O lobo nos contos
Carapuchiña vermella
     Conto e actividades 
 



05/05/2014

O Cpeig condecora á asociación TADEGA

     A Asociación Tadega (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) foi condecorada co premio e-Inclusión que outorga o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que se entregará na "Noite da Enxeñaría en Informática" o día 13 de xuño.

     Esta asociación está formada principalmente por profesionais da educación galega centrados na atención á diversidade. Con este premio preténdese recoñecer o traballo a prol do uso das TIC para que todos os sectores da sociedade poidan acceder a contidos, servizos e oportunidades segundo o ideario desta asociación.

Un parche para o Explorer

Facéndonos eco dunha nova da Voz de Galicia, á que vos deixamos un link na icona do xornal, Microsoft sacou o xoves un parche para as versións 6 a 11 do seu navegador coa finalidade de paliar a brecha de seguridade que ten o Explorer.

Proxecto E-DIXGAL

     O día 30 de abril saiu a convocatoria para participar no proxecto experimental Educación Dixital para o curso 2014-2015. Este proxecto trata de potenciar o uso do equipamento das aulas Abalar, co cal a convocatoria vai dirixida a aqueles centros que están na rede Abalar. Preme na icona para ir á web do espazo Abalar.

30/04/2014

Convocatoria no proxecto experimental Educación Dixital 2014/15

     Segundo a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital no curso 2014/15.
      O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL trata de fomentar a utilización do equipamento das aulas Abalar. O prazo para presentar as solicitudes é dun mes desde que sae publicado no DOGA. Vai destinado aos centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria no vindeiro curso.


29/04/2014

"Un gusano en Internet Explorer"

     O Departamento de Seguridade Nacional de Estados Unidos emitiu unha alerta para recomendar que se evite o uso do navegador Internet Explorer.

    Ao parecer producíronse varios ataques de piratas informáticos ao navegador de Microsoft, mediante un "gusano". Recoméndase o uso doutro navegador  ou o emprego da ferramenta gratuita de Microsoft de protección ante posibles ataques EMET.


Deixo un enlace ao artigo completo na Voz de Galicia.

O coche sen conductor de Google

     Segundo o artigo da Voz de Galicia, varios prototipos de coche de Google estiveron circulando por zonas urbanas en California. Google iniciou este proxecto en 2009 e, desde ese ano, dúas ducias de Lexus circularon e rexistraron en mapas 3D ata 700000 millas, principalmente en autopistas e carreteiras. 
Aquí vos deixamos un enlace ao artigo da Voz.